Friday, November 24, 2006

O urbanismo chega a Galicia.


Ou iso parece. Agora e aquí todo diós quere construír. Na costa. Só o concello de Barreiros ten dado 6.000 licenzas nun ano, a dúas por habitante actual. Claro que nós sabemos que non é certo, que xa antes había destas cousas, e que tampouco Florentino inventou iso de meterse despois no sector enerxético, senón preguntémoslle a Paco.

De todos xeitos parece que sempre ten que haber alguén con ganas de amolar e, neste caso, tócalle a Xunta. ¡Non van e queren prohibir construír a 500 metros da costa!. ¡Os melloriños terreos para meter cemento! ¡Xa son ganas de amolar, oh!. E non nos vale que digan que xa é así en, por exemplo, Asturias. Para unha vez que os alcaldes do PP e os empresarios queren seguir o seu propio camiño, sen copiar a ninguén...!.

Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?