Friday, November 17, 2006
Claro que non só en materia lingüísticas isto vai lento. Hai transferencias que parecen cousa feita, como a de tráfico, por exemplo. Parece lóxica, pois temos uns problemas específicos, como a dispersión da poboación que conleva gran cantidade de “vías secundarias” (lease pistas asfaltadas), ou o terreo abrupto (e algunha que outras leira dalgún amigo de Alguén) que obrigan a facelas con moitas curvas e pendentes. Así que... Pois nada. O deputado Francisco Rodríguez preguntou que para cando a transferencia e o goberno respondeulle algo así como que “o tráfico e a circulación de vehículos a motor é unha competencia exclusiva do Estado, por entender que... a política de seguridade vial debe ser única para todo o país”. O máis curioso é que esta competencia xa está transferida a Cataluña e a Euskadi, o que parece indicar que eles (Cataluña e Euskadi) non son parte do “país” (e nós si, claro).
