Friday, November 17, 2006

As deputacións rebeldes

Sorpresa da semana foi a declaración de rebeldía, case diría que de soberanía, deses organismos de elección indirecta que son as deputacións provincias (sobre as mesmas recomendo ler este artigo de Xoán Antón Pérez Lema).
Non sei se sabedes, pero volo conto. O parlamento de Galicia (este si elixido directamente polos votantes) solicitou a comparecencia das deputacións para explicar as principais liñas dos seus orzamentos. A razón é efectuar unha necesaria coordinación dos orzamentos públicos, lembremos que os orzamentos das deputacións supera xa aos que proveñen da unión europea. Pois nada, as deputacións botáronsenos ao monte e non acudiron. Sen máis. Ben, a da Coruña desculpouse por carta, que por algo alí manda o bipartito.

Comments: Post a Comment



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?