Thursday, November 16, 2006
02-11-2006 a 09-11-2006
Continúa a farsa en Irak e en todo oriente medio e próximo. Estes día condearon á morte, na forca, a Sadam Husseim, o que merece un comentario de Xosé Luis Barreiro Rivas, El linchamiento judicial de Sadam Hussein, que recomendo ler. Mentres Israel segue a facer libremente o que máis lle presta, asasinar palestinos. Tal vez algo cambie, Bush perdeu as eleccións no seu feudo (USA, no resto do mundo coido que, se as houbera, hai tempo que as tiña perdido) e, algo é algo, Rumsfeld demitiu.
.
.
Tal vez, proximamente, o mundo se libre deste grupo, o de Bush, igual que por aquí nos libramos, por agora, do noso, o de Aznar. Aínda que, lamentábelmente seguen a dar a vara, como ese ex-ministro trampa español, Mayor Oreja, quen afirma que en Venezuela non hai democracia. E se queda tan pancho.
.
.
.
.
.
.
.
.
Ou como Pedro J. Ramírez, o intrépido xornalista de investigación, tan ben retratado neste video de homo zapping, que recomendo aos que aínda non o teñan visto.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.De todos xeitos, non son só Bush e Aznar os que queren dar marcha atrás á historia. Mesmo ata máis atrás do século XX quere ir a actual presidencia europea (finlandesa desta volta), pretendendo autorizar horarios semanais de 60 horas, (de traballo, non de folganza).
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Ante isto, hai algunhas respostas, como a de Nunca Máis que volve a convocar unha manifestación pola dignidade. Porque de certo, catro anos despois do prestige, seguimos case igual de preparados para outro. Nin un mal barco anticonaminación. De todos xeitos, a nova Xunta parece que intenta algo, dentro das súas competencias. Hai está o Plan de continxencia presentado recentemente.
.
.
.
.
E mentres traballan a prol da defensa medioambiental, outros, aínda que no seu nome, traballan para acabar de escangallala, como eses supostos amigos dos animais, (das londras?, dos patos?...) que volveron a soltar visóns, por terceira vez, xa, en Galiza.
.
Disto xa falaramos no moscón
.
.
.
.
.
E pasaron máis cousas nesta semana, que merecerían unha mosca: O éxito da folga do ensino polo galego, e a cada vez maior castelanización da sociedade galega que fai que haxa un 65% de falantes de 65 anos por un 29% de 29 anos, perdendo aproximadamente un 1% de falantes por cada ano, se ben a tendencia recupérase timidamente nos últimos anos. A victoria de Daniel Ortega en Nicaragua que se une á recente de Lula. A exixencia ás TV de deportes en galego ou o trunfo de Gómez Noia .Relación de enlaces mencionados neste comentario semanal:El linchamiento judicial de Sadam Hussein, por Barreiro Rivas, na VozSadam condenado á forca, por Mundogaliza.Demisión de Rumsfeld por Mundogaliza.A masacre israelí en xornal.comO bocazas de Mayor Oreja en VieirosO video de pedroj. En youtubeA semana de 60 horas, en vieirosManife de Nunca máis en sombrinha betanceira, mundo galiza, vieiros e plataforma nunca maisO barco anticontaminación en vieirosA solta de visóns por cartafol do mandeo, e adega.Outros, o ensino parou con éxito en mundo galiza e a castelanización en vieiros. A victoria de Daniel Ortega en Nicaragua, en xornal.com. A de Lula, en mundogaliza , deportes en galego en vieiros e gómez noia en cartafol do mandeo).
Sexta-feira, Novembro 03, 2006
Memorias, esquecementos e lembranzas
Recuperamos a memoria histórica ruando por Betanzos (fotos 1,2,3,4), Lembrando unha tumba na terra, sen lápida, sen nome, que quixeron que se esquecese. Alí segue, como a obrigaron a ter os golpistas. Lembramos que foi un dos alcaldes desta vila, do tempo da república, dos asasinados. Non esquecemos o seu nome, Xosé Novo. Non esquecemos que tiña ideas e ansias de realizalas, de sacar a Galiza do atraso. Lembramos que por iso o mataron. Lembramos que en Betanzos non ten unha rúa, como ten Manuel Fraga Iribarne, nin ten unha medalla, como ten Francisco Franco .
Lembramos que cando a alguén se lle dá unha rúa ou unha medalla é porque merece ser lembrado. ¿Como Santiago Rey Fernández Latorre e non sei que máis?. ¿Por ser un gran empresario, propietario, non o esquezamos, dun xornal moi subvencionado?. Lembramos que lla dan por unanimidade, aínda que diga o que di e defenda o que defende.
.
.
.
.
Unha rúa que, non o esquezamos, se une a un rueiro cheo de Alcaldes Francisco Vázquez, de Milláns Astray, de Generales Sanjurgo, de Avenidas de los Caídos...
.
.
.
.
Esquece Josemari, o buscaescotes. Que non se lembra de onde está o dirixente do PP Alfredo Timermans. Lástima, pola contra, que non se esqueza de repetir as súas fondas reflexións, e repetírnolas a cada pouco. Lástima que Murdoch, outro empresario de éxito, de máis éxito aínda que o Santiago Rey Fernández etc., (a xulgar porque ten moitos máis xornais, e supoño que tamén máis subvencións), se lembre de Josemari para dirixir a sección española do seu negocio. Aínda que se sae Aznar de presentador, na sección de humor, lembrareime de velo.
.
¿Foi un desmemoriado quen perdeu os exames na consellaría de Méndez Romeu, ese conselleiro de boa memoria que se lembrou dese L, que non era, non o esquezamos, o L de Legalidade?.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Boa memoria a que teremos que ter os betanceiros se queremos mercar, a fume de carozo, nos 15 minutos, contados, de aparcamento gratuíto con que nos vai agasallar o concello antes das eleccións.
.
.
.
.
.
.
.
Para pouca memoria a de Zara, que se esqueceu de pagar os tributos en Venezuela. Parece que non se lembrou de que a época de agasallos ás multinacionais do corrupto Carlos Andrés Pérez xa rematou naquel país. Chávez terá que lembrarllo. Pero xa sairá alguén por aí a lembrarnos que a defraudadora é unha empresa “española” e, non o esquezamos, iso faraa boa a ela e malo a Chávez.
.
.
.
.Recuperación da memoria a que fixo o reino de León, o antigo convento, xunto a Galiza e ao norte de Portugal, da vella Gallaecia, que estes días saíu a rúa. Por fin.Desmemoriado o Rebeco que en Asturias, ao norte de León, se esqueceu de que ser un animal de alta montaña e se quixo dar un baño. Sorte que se lembrou de nadar, aínda que ninguén acreditara ata agora que un rebeco soubese facelo.Para lembrar, tamén, o artigo de Barreiro Rivas sensación de chapuza. Para non esquecer o asasinato de Couso hai xa máis de tres anos e sen castigo dos culpábeis. Lembrar tamén a rede básica de que nos fala, de pasada, Estrela esvaecida, os avións israelís sobre Beirut, a folga polo galego e o seu vídeo e o partido, mesmo para os que non nos gusta o fútbol, de Galiza-Ecuador.En fin, unha semana para lembrar, para esquecer e mesmo para recuperar a memoria...
.
Enlaces 03.11.2006:
.
-Betanceiros que queredes, fotos 1,2,3,4, folga
-Cartafol do mandeo, tumba
-Betanzos. biz, Francisco Franco, mercar
-La Voz de Galicia, Santiago Rey, León, Rebeco, sensación de chapuza
-O moscón anteriores, rueiro, se lembrou
-MundoGaliza, Timermans, fondas reflexións, dirixir, perdeu, Couso
-Vieros.com, esqueceu de pagar
-Nodo 50, rede básica
-Estrela esvaecida, Estrela esvaecida
-Fifa, Galiza-Ecuador.
Quarta-feira, Outubro 25, 2006
Galeguismo céntrico e inundacións. Por Nuñez Feijoo
O 22 de outubro Núñez Feijoo estaba en Cataluña, explicándolles a súa visión do catalanismo e, de paso, do galeguismo, que tamén está ben que nolo explique, aínda que sexa en Cataluña. E está ben porque resulta ser algo moi bonito e moi centrado, sobre todo moi centrado, ou céntrico..., ou como se diga. Vamos, que soltou algo así como. O catalanismo e o galeguismo son a alternativa ao nacionalismo e o socialismo... ¡Aí queda iso!. E por se non se entendía engadiu: Movémonos polo autonomismo constitucional. ¿Que non o entendes?. Claro, así, en frío. Pois nada, explícacho, que estivo moi didáctico: É o punto de equilibrio: entre o nacionalismo excluinte e a involución centralista.
¿Que segues sen cachalo?, home pois..., non serás algo lerdo ti... Mira, a ver se cho explico eu. Coido que o quere dicir é que eles, ou sexa, Josep Piqué e máis%2